SOLICITUDES
As persoas que desexaren tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar remitindo:
- No caso de optaren polo correo postal, enviando o seguinte modelo de instancia, debidamente cuberto.
- Envío postal ou Envío vía internet; un currículo que deberá conter, cando menos, os seguintes datos:
- Datos persoais, enderezo e de localización
- Formación Académica / Titulacións
- Formación Académica Complementaria
- Experiencia profesional/laboral
- Outra Formación
- Situación laboral actual
- Disposición ao posto
- Permiso de conducir
- Idiomas que Coñece
- Condición de Discapacitado e Grado de Discapacidade
- Outros Méritos ou aspectos a considerar
- Envío postal ou Envío vía internet: copia do título acreditativo de ter cursada a titulación esixida para o posto ao que opta.
- Envío postal ou Envío vía internet: copia da certificación oficial das cualificacións acadas na titulación esixida como requisito mínimo para o posto.
Formas de envío
Para o envío de candidaturas, as persoas interesadas poderán utilizar dous medios:
- a) Envío vía internet cubrindo o formulario que aparece neste web e axuntando os seguintes arquivos: currículo do solicitante (no que se deberá facer referencia aos aspectos indicados no punto 2); copia do título acreditativo de ter cursada a titulación esixida para o posto; copia das cualificacións acadadas na titulación esixida para o posto.
- b) Envío, a través de correo postal -preferentemente certificado- do modelo de instancia que aparece neste web debidamente cuberto xunto con: currículo do solicitante (no que se deberá facer referencia aos aspectos indicados no punto 2); copia do título acreditativo de ter cursada a titulación esixida para o posto; copia autentificada das cualificacións acadadas na titulación esixida para o posto.
O envío realizarase ao seguinte enderezo postal:
- Sogaserso S.A.
- Parque Tecnolóxico de Galicia
- 32900, San Cibrao das Viñas
- Ourense
facendo constar no exterior do sobre: Asunto: Proceso de Selección persoal Sogaserso Vimianzo.
Teranse en conta os currículos remitidos até o día 14 de Febreiro de 2009.