Sociedade Galega de Servizos Sociais, SOGASERSO

galeria fotográfica

Sogaserso, S.A. precisa persoal para cubrir os seguintes postos no Centro de Atención Xerontolóxica Sogaserso-Vimianzo que se porá en funcionamiento próximamente no Concello de Vimianzo:

  • Posto: Médica/o
  • Ref.: Vim-Me1
  • Titulación Esixida: Licenciatura en Medicina.
  • Posto: Médica/o Especialista .
  • Ref.: Vim-Me Esp
  • Titulación Esixida: Licenciatura en Medicina con especialidade directamente vencellada ós tratamentos específicos requiridos polos usuarios do centro (xeriatras, neurólogos, rehabilitadores/as... ).
  • Posto: Psicóloga/o
  • Ref.: Vim-Ps
  • Titulación Esixida: Licenciatura en psicoloxía.
  • Posto: Fisioterapeuta
  • Ref.: Vim-Fis
  • Titulación Esixida: Diplomatura en Fisioterapia.
  • Posto: Traballador/a Social
  • Ref.: Vim-TS
  • Titulación Esixida: Diplomatura en Traballo Social.
  • Posto: Educador/a Social
  • Ref.: Vim-Es
  • Titulación Esixida: Diplomatura en Educación Social.
  • Posto: DUE
  • Ref.: Vim-Due
  • Titulación Esixida: Diplomatura en Enfermaría.
  • Posto: Terapeuta Ocupacional
  • Ref.: Vim-To
  • Titulación Esixida: Diplomatura en Terapia Ocupacional.
  • Posto: Auxiliar de Enfermaría/ Tecnica-o de atención sociosanitaria
  • Ref.: Vim-Aux.
  • Titulación Esixida: Técnico en coidados auxiliares de enfermaría ou Técnico en atención sociosanitaria.
  • Posto: Gobernanta/e
  • Ref.: Vim-Go
  • Titulación Esixida: Técnico Superior en Aloxamentos (FP Ciclo Superior).

As persoas que teñan participado en anteriores procesos de selección de Sogaserso para a mesma categoría e xa teñan presentado correctamente a documentación requerida nas Bases, unicamente terán que remitir:

  1. De optaren polo envío por correo postal: instancia correspondente e currículo actualizado no caso de que mude algún dato no currículo xa remitido
  2. De optaren polo envío vía internet: formulario electrónico debidamente cuberto e currículo actualizado anexado no caso de que mude algún dato no currículo xa remitido