SOLICITUDES

As persoas que desexaren tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar remitindo:

  1. O modelo de instancia, debidamente cuberto, que aparece neste web.
  2. Un Currículo que deberá conter, cando menos, os seguintes datos:
    • Datos persoais, enderezo e de localización
    • Formación Académica / Titulacións
    • Formación Académica Complementaria
    • Experiencia profesional/laboral
    • Outra Formación
    • Situación laboral actual
    • Disposición ao posto
    • Permiso de conducir
    • Idiomas que Coñece
    • Condición de Discapacitado e Grado de Discapacidade
    • Outros Méritos ou aspectos a considerar
  3. Copia do título acreditativo de ter cursada a titulación esixida para o posto ao que opta.
  4. Copia da certificación oficial das cualificacións acadas na titulación esixida como requisito mínimo para o posto.

Envío de solicitudes

Para o envío de candidaturas (instancia, currículo, título e cualificacións), as persoas interesadas poderán utilizar dous medios:

  • a)   Envío vía internet cubrindo o formulario que aparece neste web e axuntando os seguintes arquivos: currículo do solicitante (no que se deberá facer referencia aos aspectos indicados no punto 2 da aliña anterior); copia do título acreditativo de ter cursada a titulación esixida para o posto; copia das cualificacións acadadas na titulación esixida para o posto.
  • b)   Envío, a través de correo postal, preferentemente certificado, do modelo de instancia que aparece neste web debidamente cuberto xunto con: currículo do solicitante (no que se deberá facer referencia aos aspectos indicados no punto 2 da aliña anterior) copia do autentificada do título acreditativo de ter cursada a titulación esixida para o posto; copia autentificada das cualificacións acadadas na titulación esixida para o posto.

O envío realizarase ao seguinte enderezo postal:

  • Sogaserso S.A.
  • Parque Tecnolóxico de Galicia
  • 32900, San Cibrao das Viñas
  • Ourense

facendo constar no exterior do sobre: Asunto: Proceso de Selección persoal Sogaserso Monforte.

Co obxecto de poder iniciar axiña os procedementos contemplados no proceso de selección, teranse en conta os currículos remitidos antes do 9 de Novembro de 2008.