PREGUNTAS MAIS FRECUENTES

Aquí encontrará resposta a algunhas das preguntas e dúbidas que nos veņen chegando. Iremos actualizando esta sección.

¿Qué aspectos puntuarán no proceso de selección?

A Puntuación dos Candidatos no proceso de selección terá en conta:

  • 1.- As puntuacións acadadas nas entrevistas persoais cos candidatos que combinarán o sistema de entrevistas convencional con apartados condutuais e de avaliación de coñecemento.
  • 2.- A puntuación derivada da avaliación do currículo do candidato.

Os candidatos poderán coñecer, se así o demandan as puntuacións por eles acadadas en cada un de estes aspectos.

¿Os postos son para o Centro de día, para a Residencia, ou para ambos?

Os postos deste proceso son, indiferentemente, para o Centro de Atención Xerontolóxica Sogaserso-Monforte.

¿Cantas prazas de usuarias/os terá o Centro?

A previsión é de 180 prazas de residentes e 40 prazas para o centro de día.

Enviei o meu currículo hai tempo, antes de abrirse este proceso selectivo. ¿Debería envíalo de novo?

Si. Nas bases da convocatoria aparecen indicados os aspectos mínimos que deben incluírse no currículo para a selección de persoal do centro Sogaserso Monforte. O teu currículo deberá adaptarse a estes aspectos requiridos.

Remitín a documentación por correo postal. ¿Teño que enviala tamén vía internet?

Non. As candidaturas envíanse quer a través de internet, quer a través de correo postal. Se enviaches a documentación a través de internet, entón non tes que remitila por correo postal.